Teatro

CANCÚN, de Jordi Galcerán

Cancún é unha COMEDIA CULTA E POPULAR, que combina REFLEXIÓN e RISA, que arranca EMOCIÓNS e GARGALLADAS, ENCHE TEATROS e ten un profundo respecto e LEDICIA.

Cando chegas a certa idade, esa idade na que xa é moi difícil volver a comezar, é posible que nalgún momento, por algún motivo, te preguntes se o conseguiches, se tomaches as decisión correctas, se tes o traballo que desexabas, os amigos que querías, a parella que soñabas. É posible que te preguntes, en definitiva, se conseguiches ser feliz.

Os personaxes desta comedia vanse a Cancún de vacacións. Descansarán, tomarán o sol, coñecerán lugares novos e, ao volver, poderán contalo aos amigos para que lles teñan envexa. Pero, inesperadamente, alí fanse a gran pregunta. Iso faraos máis felices? É iso o que eles esperaban das súas vidas, pasar dez días en Cancún con eses individuos, con esa parella?

Na mocidade tomamos decisións de forma bastante irreflexiva. Non hai outro xeito de facelo. Coñecemos xente, relacionámonos e, un bo día, sentimos que nos namoramos, aínda que non saibamos que significa iso exactamente.

Entón, instalados xa nunha nora que non se detén, seguimos cara diante, casámonos, convivimos, traballamos, temos fillos e, como quen non quere a cousa, dámonos conta de que levamos vinte, trinta anos compartindo a nosa vida con alguén.

Que tería sucedido se en lugar de casarnos con este –ou con esta- nos tivésemos casado con aquel –ou con aquela? Como tería cambiado a nosa vida? Seriamos máis felices? Serve de algo preguntarse isto?

Jordi Galcerán

DOSSIER

Prezo: 20 € (VR) / 22 €
Duración: 95 minutos

Calificación: +15

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 22 de Maio de 2015 | 20:30

SINOPSE

CANCÚN conta a historia de dous matrimonios amigos dende hai máis de 20 anos que se van xuntos de vacacións. Unha noite despois dunhas copas de máis, Reme desvela o incidente que provocou a elección das parellas. A partir deste momento comezan a aflorar unha serie de segredos.

Cando chegas aos 50, cunha vida organizada e despois de compartir 20 ou 30 anos coa mesma persoa, pregúntaste que tería ocorrido se tiveses escollido outra parella.

Cambiarías ao teu marido polo da túa mellor amiga? Se puideras cambiar, Que cambiarías? O marido? A muller? A amiga? Se a túa vida non che gusta … Dálle vacacións e vén a Cancún!



FICHA ARTÍSTICA

AUTOR: JORDI GALCERÁN. DIRECCIÓN: GABRIEL OLIVARES. ELENCO: MARÍA BARRANCO, VICENTE ROMERO, FRANCESC ALBIOL, CARMEN GUTIÉRREZ. ESCENOGRAFÍA: ANNA TUSELL. ILUMINACIÓN: CARLOS ALZUETA. SON: TUTI FERNÁNDEZ. AXUDANTE DE DIRECCIÓN: VENCI KOSTOV. VESTIARIO: JON LIBERT. PRODUCIÓN: NICOLÁS BELMONTE, CARLOS LARRAÑAGA FRANCO, BEATRIZ SANTANA.

IDIOMA: CASTELÁN