Artes escénicas

Cultura contra a violencia de xénero

As áreas de Cultura e de Igualdade da Deputación da Coruña organizan esta proposta en que diferentes creadoras do panorama galego desenvolven performances especificamente pensadas para o espazo do Teatro Colón. Movemento, corpo, interacción co público, discurso… para combater desde a cultura o feminicidio. Arte contra a violencia machista e como ferramenta de sensibilización e denuncia social.

Prezo: Gratis



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 23 de Novembro de 2018 | 20:30