Artes escénicas

A Marabunta – Cultura contra a violencia de xénero

As áreas de Cultura e de Igualdade da Deputación da Coruña organizan esta proposta en que diferentes creadoras do panorama galego desenvolven performances especificamente pensadas para o espazo do Teatro Colón. Movemento, corpo, interacción co público, discurso… para combater desde a cultura o feminicidio. Arte contra a violencia machista e como ferramenta de sensibilización e denuncia social.

  • Clara Gayo, Beni Barciela, consulting feminista (18 horas) Duración: 20′.
  • Atenea García, Anónima, (18.30 horas) Duración:20′.
    (Descanso 30′)
  • Artemisa Semedo, Benvid@a á Terra, (19.30 horas) Duración:20′.
  • Ánxela Blanco e Mónica de Nut, Sexo ou as fillas do mar (20 horas) Duración:15′.
    (Descanso 30′)
  • Blanco&Roja, Pasescalabra (21 horas) Duración:50′.
    Con María Roja, Alba Blanco, Iria Azevedo, Anabell Gago, Mai Insua, Atenea García e Marta Pérez.

Web: dacoruna.gal

Prezo: Gratis



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 23 de Novembro de 2018 | 18:00