Xornada

A escena galega no palco do Colón

“A escena galega no palco do Colón” é un encontro que pretende axudar a contrastar os diferentes procesos polos que transitan as persoas que se dedican á creación escénica en Galicia. O encontro ten como eixo central o traballo de dramaturgos/as, actores e actrices, directores/as, coreógrafos/as, bailaríns/nas, xentes do circo, todos/as a conversar sobre cales son os camiños e metodoloxías que os/as levan a crear unha peza escénica.

Abono para toda a xornada.

ENTRADAS EN:

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/gl/varios/teatro-colon/8712–a-escena-galega-no-palco-do-colon-abono.html

__________________________

10:00 horas. Benvida e presentación da xornada a cargo de Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación de A Coruña e deputada de Cultura.

10:30 horas. Os procesos creativos na ensinanza das artes escénicas. Unha conversa con Daniel Salgado, Irene Moreira, Carlos Neira e Carlos Sante.

12:30 horas. A creación de espazos sonoros e visuais como ferramenta dramatúrxica. Baltasar Patiño e Laura Iturralde son entrevistados por Afonso Becerra.

13:30 horas. Conversa: Narrativas escénicas. Unha conversa entre Xulio Lago e Areta Bolado, na que confrontar dúas formas de comprender a construción do relato escénico contemporáneo.

16:30 horas. A creación escénica desde a prespectiva do/a intérprete escénico/a. Conversa entre Patricia de Lorenzo, Eduardo Alberto Rodríguez Cunha “TATÁN”, Olga Cameselle e Pablo Reboleiro, moderada por Esther Carrodeguas.

18:30 horas. A Dirección de escena e a dramaturxia. Diferentes xeitos de tecer a estrutura dramatúrxica dunha peza. Unha conversa con Tito Asorei, Marta Pazos, Quico Cadaval e Ruth Balbís.

__________________________

20:00 e 21:30 horas. Catro Cías. escénicas galegas, amosan quince minutos do seu traballo en espazos non convencionais dentro do Teatro Colón: Elefante Elegante, Prácido Domingo, Caramuxo Teatro e Manicómicos.

ENTRADAS EN:

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/gl/varios/teatro-colon/8711–a-cultura-e-un-dereito-a-escena-galega-no-palco-do-colon.html

Prezo: Gratuíto, é necesario retirar a entrada na web de Ataquilla ou na billeteira do Teatro. Consultar horario da billeteira na zona entradas desta mesma web.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 9 de Xuño de 2018 | 10:00