Xornada

A escena galega no palco do Colón

“A escena galega no palco do Colón” é un encontro que pretende axudar a contrastar os diferentes procesos polos que transitan as persoas que se dedican á creación escénica en Galicia. O encontro ten como eixo central o traballo de dramaturgos/as, actores e actrices, directores/as, coreógrafos/as, bailaríns/nas, xentes do circo, todos/as a conversar sobre cales son os camiños e metodoloxías que os/as levan a crear unha peza escénica.

Consulta a programación en:

http://aculturaeundereito.gal/Inicio.php

__________________________

20:00 e 21:30 horas. Catro Cías. escénicas galegas, amosan quince minutos do seu traballo en espazos non convencionais dentro do Teatro Colón: Elefante Elegante, Prácido Domingo, Caramuxo Teatro e Manicómicos.

ENTRADAS EN:

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/gl/varios/teatro-colon/8711–a-cultura-e-un-dereito-a-escena-galega-no-palco-do-colon.html

Prezo: Gratuíto, é necesario retirar a entrada na web de Ataquilla ou na billeteira do Teatro. Consultar horario da billeteira na zona entradas desta mesma web.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 9 de Xuño de 2018 | 10:00