Música

John Lee Sanders & the Gospel Messengers

NADAL NO COLÓN

 

John Lee pasou a súa infancia e mocidade no Delta do Misisipi, Luisiana e Alabama, unha rexión onde o Gospel é o ADN común de xéneros tan diversos como o Soul, o Country, o Blues e a música de Jazz.

O temperán encontro con Martin Luther King e Elvis Presley, que forman parte da historia americana, influenciou a John Lee Sanders, pianista, saxofonista, cantante e compositor.

Unha historia na que a súa avoa materna, que vivía preto de C. L. Franklin, pai de Aretha Franklin, e na veciñanza dos estudos de gravación da escena de Memphis, xoga un papel importante. Na turbulenta Alabama dos anos 60 foi testemuña do poder e a coraxe que o Gospel transmitiu ao Movemento polos Dereitos Civís na súa loita non violenta pola igualdade: “Fun membro da Iglesia United Methodist en Alabama e Mississippi Templo, onde había unha gran coral formada por cantantes de conservatorio, un gran órgano de tubos e unha orquestra sinfónica nos oficios de Nadal e Pascua, que interpretaban obras de Bach, Handel e Mozart. Noutras Igrexas da cidade voces apaixonadas cantaban os Espirituais Negros, con ritmos que serían máis comedidos na miña, voces educadas en tradicións riquísimas sen ser académicas, capaces de conmover espiritual e fisicamente. Iso tamén forma parte dos meus primeiros recordos”.

“Dediquei a miña vida a interpretar música con e para xente de todas as idades, en cárceres, escolas, hospitais, residencias de anciáns, grandes teatros e festivais de todo o mundo. Fun testemuña do poder da música para alegrar a alma dos esquecidos e tocar aos que nunca foran tocados”.

A música de Gospel é o berce de voces de lenda, como Sam Cooke, Aretha Franklin, Mahalia Jackson e tantas e tantas estrelas do pop en todo o mundo.

No 2001 foi contratado por AMEA Black Church de Oakland, California, a denominación máis antiga das igrexas negras protestantes en América, da que formaban parte os descendentes das familias que foran parte da gran emigración a California desde o Profundo Sur nos anos 40 e 50 do século XX.

Gravou e actuou cos nomes máis recoñecidos da escena estadounidense, incluíndo a Dorothy Morrison, a voz principal en Oh Happy Day, a primeira canción Gospel que foi un hit nacional nos EE. UU., Stevie Wonder, Willie Nelson, Bill Withers, Jimmy Page de Led Zeppelin, Starship, Chuck Berry, John Le Hooker, Long John Baldry e Keith Emerson.

En 2010 foi o pianista/cantante convidado pola multipremiada coral Good Noise Gospel Choir no seu concerto da catedral de Vancouver. Xa en 2011 participou na gravación do seu disco de Nadal.

Foi nomeado ao Premio Emmy no 2007 e, ao ano seguinte, ao Premio de Blues WC Handy.