Teatro

Mensaxe do mar

Fantoches Baj

Mensaxe do Mar é unha reivindicación de Maruxa Mallo, da súa obra pictórica e da súa importancia como intelectual dentro da xeración do 27. Como se dunha conferencia se tratase Maruxa Mallo describe a súa vida desde o nacemento en Galicia ata o ano 1961 (cando xa ten 59 anos). En escena aparecerán tamén os seus amigos poetas, Federico García Lorca e Pablo Neruda, que axudarán a visualizar as múltiples facetas da artista:

  • a de pintora. Trázase un percorrido visual pola súa obra desde as Verbenas ata as Nature-zas Vivas, pasando polas series Cloacas e Campanarios e a Relixión do traballo, amosando ao espectador exemplos destas series tanto en reproducións físicas como en diapositivas.
  • a de escritora comprometida coa arte e coa política. No espectáculo utilízanse textos do seu ensaio Do popular na plástica española a través da miña obra nos que describe con precisión as diferentes series da súa pintura pero tamén os textos publicados na prensa da época nos que denuncia a represión franquista.
  • a de musa. Na súa relación con Lorca e Neruda, os outros protagonistas da peza, entenderemos a importancia de Maruxa Mallo como inspiradora, coa súa actitude e coa súa obra, da poesía destes e doutros poetas que se mencionan.
  • a de muller transgresora. Maruxa foi un ser independente por natureza e convicción, que nunca se casou con ninguén, nin marido, nin ismo, nin partido. Recuperamos moitas das súas anécdotas máis significativas que dan noción da súa liberdade.
Prezo: Platea: 15€ / Palcos centrais: 12€ / Principal: 9€ / Palcos laterais: 6€. Menores de 12 anos: 60% dto.



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 8 de Decembro de 2017 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

ACTORES: Tero Rodríguez (Maruxa Mallo), Benxamín Otero (Federico García Lorca) e Inacio Vilariño (Pablo Neruda). AUTOR E DIRECTOR: Inacio Vilariño. ESCENOGRÁFICO E DESEÑO ILUMINACIÓN: I. Vilariño. DESEÑO DE ESPAZO SONORO: Benxa Otero. DESEÑO DE VESTIARIO: D-Due. COMUNICACIÓN SOCIAL: Urdime. REXISTRO EN VÍDEO: Tingalaranga. IMPRESIÓN GRÁFICA: Alvarellos s.l.