Bobas & Galegas despídense dos escenarios

  • Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira levan por última vez á escena o texto de Quico Cadaval, este venres 16 e sábado 17 de setembro ás 20:30 horas
  • O xoves 15 ás 21:00 horas o grupo 2nafronteira presenta o seu traballo ‘Sons de nós

2nafronteira, un dos grupos máis prometedores do panorama musical galego actual, presenta este xoves 15 ás 21:00 horas o seu último traballo discográfico ‘Sons de nós’. Xa metidos na fin de semana a compañía Producións Teatrais Excéntricas pecha a xira de ‘Bobas & Galegas (Mofa & Befa no Século de Ouro’ con dúas funcións, o venres 16 e o sábado 17 ás 20:30 horas.


Carmen Penim, voz, e Maurizio Polsinelli, piano e harmonio, son 2nafronteira. Un grupo cheo dunha enerxía alegre e vital e con moita sensualidade. O seu traballo bebe do jazz, do popular galego ou do lied europeo. Un eclecticismo que os converte nunha proposta difícil de clasificar aínda que de grande interese, frescura e calidade artística. Nesta ocasión contarán con colaboracións moi especiais como a de Carmen Gallego na nychelharpa e violín, Miguel Paz na batería e percusións e Pablo Rodríguez na guitarra española.

Mofa & Befa despídense de Bobas & Galegas

O venres 16 e o sábado 17 a compañía Producións Teatrais Excéntricas pecha a xira do espectáculo ‘Bobas & Galegas (Mofa & Befa no Século de Ouro)’. A peza é unha comedia escrita e dirixida por Quico Cadaval e interpretada por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira.

O teatro clásico español é o fío condutor da proposta na que este dúo de cómicos parodia o Século de Ouro español. A montaxe estreouse con grande éxito na 37ª edición do Festival de Teatro Clásico de Almagro e mestura o teatro clásico e o contemporáneo. A escenografía e iluminación de Baltasar Patiño axudan a crear un ambiente onírico co que achegarse ao teatro en verso, fazaña para a que contaron coa axuda do mestre Jesús Aladrén.