Historia

Vista_Teatro_Colón_Edificio_A_CoruñaDesde os seus primeiros anos, o Teatro Colón quedou asociado de forma irremediable na memoria da Coruña aos grandes fitos do celuloide, como “O que o vento levou” e outras grandes estreas de Hollywood que marcaron unha época. Desde que se abriu en 1948, o Teatro cumpriu o obxectivo de ofrecer unhas condicións de aforamento e comodidade óptimas para albergar variedade de espectáculos escénicos musicais e teatrais así como proxeccións de cine. Esa foi a intención do empresario de espectáculos Emilio Rey Romero, promotor e artífice da súa construción.

O arquitecto Jacobo Rodríguez-Losada Trulock deseñou en 1945 este edificio, singular polo seu tamaño e a súa localización na cidade e caracterizado pola súa imaxe clasicista. A aposta estética mantívose cando máis de 50 anos despois, en 2002, iniciáronse as obras de remodelación, que se centraron en obter un aproveitamento máis racional dos espazos. Así, mantívose o esquema do Teatro á italiana, cunha clara delimitación entre os lugares para o público e a escena. A carencia de estancias de servizo resolveuse mediante a creación dun soto con numerosas dependencias: salas de ensaio e descanso, almacéns, talleres, camerinos, aseos e salas de instalacións. A intervención apoiouse en gran medida na estrutura preexistente, aínda que renovando todos os elementos.

Desde entón, o Colón loce unha nova cara, aínda que decoración e arquitectura seguen a súa liña orixinal. Entre as novidades destacan a instalación de aire acondicionado na sala, independente da do resto do edificio, a substitución de pavimentos e acabados e a reforma da área de butacas, á que se dotou de maior amplitude, comodidade e calidade. Iluminación e audio, esenciais nun edificio destas características, renováronse coa instalación dunha gran luminaria central e a amplificación dos sistemas de son.

DESCARGAR LOGOTIPO