Música

Músicas Posíbeis | Aida Saco Beiroa: Urdimes

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

Aida Saco Beiroa estrea no Teatro Colón o seu espectáculo Urdimes. Pianista e compositora galega, de Rianxo, ten unha “personalidade musical sumamente interesante e vivo instinto pianístico” en verbas de Josep Colom. Formada nos prestixiosos conservatorios Codarts-Rotterdam, Schola Cantorum de París, Conservatori del Liceu e na Manhattan School of Music de New York.
Ten publicado dous traballos discográficos: Metamorfoses (2017) e Ronseis do tempo (2019). Este verán de 2025 actuou nas Festas do Apóstolo de Santiago de Compostela.

URDIMES
Durante os dous últimos anos, Aida desenvolve Urdimes, un proxecto na cidade de Nova York que foi premiado coas únicas bolsas de música outorgadas polo Ministerio de Cultura en 2022 (Beca Fulbright do Ministerio de Cultura e Deporte) e a Fundación la Caixa en 2024. Urdimes é unha homenaxe a figuras artelladoras da Cultura Galega (Castelao, García Lorca, Maruxa Mallo) que desenvolveron un vínculo persoal e artístico coa cidade de Nova York. Así, a través das súas propias composicións, a improvisación e a colaboración interdisciplinar con outros artistas, Aida establece unha conexión coa súa obra e vivencias, a medida que ela tamén descubre a cidade nun espectáculo onde a música de piano e a evocación son protagonistas.

Convertida xa nunha pianista e compositora activa en Nova York, e tendo actuado recentemente en espazos como Greenfield Hall, NYC Piano Week at 100 Sutton, ou Skirball Center coa Orquestra das Nacións Unidas, Aida presentou este proxecto en espazos emblemáticos da cidade como Studio 28, Ideal Glass Studios ou o Bowery Poetry, onde contou coa colaboración do poeta galego Marcos de la Fuente.

Neste estrea en Galicia estará acompañada nalgunhas das pezas por un cuarteto de corda e algunha sorpresa máis.

  • Regina Laza: violín I
  • Mihai Tanasescu: violín II,
  • Gigi Mazzucato: viola
  • Andrea Fernández: violonchelo
  • Estefanía Gómez – danza