Música

Las Migas | Flamencas

Con 20 anos de carreira musical e 6 discos de estudo, Las Migas convertéronse nunha das bandas españolas máis internacionais, con concertos realizados en máis de 50 países, como Estados Unidos, India, Francia, Exipto, México, Cuba, Italia, Namibia, Xamaica, Alxeria, Hong Kong, Alemaña, Chile, Suecia, Ucraína ou Marrocos, entre outros moitos. Tres veces nomeadas ao Latin Grammy na categoría de Mellor Álbum de Música Flamenca (2016, 2022 e 2024), premio co que se fixeron en 2022. Tamén gañadoras do Premio MIN en 2019 e 2023 polos seus álbums Rumberas e Libres.

Durante a primavera de 2025, Las Migas estrean o seu novo álbum, Flamencas, un traballo que supón unha homenaxe á esencia e a pureza do flamenco no que a banda transformou o seu código cara a unha mirada moito máis contemporánea, envoltas nunha forza visual que xa se pode ver no seu videoclip Celos, dirixido polo recoñecido fotógrafo de moda Javier Biosca.