Música

SÉS | Nadando na incerteza

SÉS presenta ao vivo o seu novo traballo, Nadando na incerteza, un traballo no que a canción sitúase no centro absoluto, sen sobreproducións nin artificios, nun exercicio de artesanía e autenticidade que reivindica a súa condición de cantora e facedora de cancións. O disco, composto por 13 cancións orixinais, caracterízase pola tendencia á sinxeleza instrumental, as voces que respiran con peso e temas concibidos para sosterse por si mesmos, coa palabra e a melodía como eixos arredor dos que todo xira.

  • SÉS – voz, guitarra e percusións
  • Sabela Galbán – acordeón, frauta, percusións e voz
  • Hirahi Afonso – timple canario e guitarra
  • Tito Calviño – guitarra
  • Mayfer Pinto – percusións