Todo o mundo quere ser o centro de atención. Todo o mundo quere a túa atención. Ninguén quere atenderte a ti. Todos somos narcisistas. Uns érguense ás cinco da mañá para ter tempo para dúas cousas: estar perfectos e gravar vídeos dicíndote por que ti non. Outros cambiaron a autocrítica por abrazar a coaches e terapeutas cun «Máster en Decirte Lo Que Quieres Oír»: que eles son o máis importante, que eles o fixeron todo ben, que a culpa é dos demais, é dicir: túa. E outros simplemente lle botan a culpa de ser uns imbéciles ao Horóscopo e ao Mercurio Retrógrado. Xa ninguén ten defectos, só os demais.
Ninguén quere ser o teu amigo, iso é pouco; queren ser o teu referente, o teu modelo, o teu ídolo. O culto é á persoa e a liturxia o CrossFit, a nutrición, os outfits, os investimentos. Escolle o teu nas redes. Xa hai máis creadores de contido que consumidores de contido.
Cando parecía que todos estabamos de acordo en que a Terra era redonda, chegaron os Terraplanistas a dicirnos que non, que era plana. E cando parecía que todos estabamos de acordo en que a Terra xira ao redor do Sol, chegan os Egocéntricos a dicirnos que non, que o mundo xira ao seu redor. E se non o fai, debería. Meréceno. Merécense toda a nosa atención. Merécense que lles fagamos CASO.
Rober Bodegas reflexiona durante hora e media sobre o noso desbordante egoísmo e acaba sendo condenado no seu propio xuízo, porque para iso precisa que veñas ao seu show e lle fagas CASO.
EMHU | CASO, con Rober Bodegas