Música

De Vacas | Vacanal Sinfónica

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

Este novo espectáculo conmemora o 10 aniversario do grupo nunha revisión sinfónica dos seus grandes éxitos. Un sorprendente achegamento da música orquestral ao universo vacún que conta co traballo do compositor Lucas Rei ao mando dos pentagramas.

Do variopinto repertorio das vacas, nace pois unha ópera en catro actos que abarca cancións, letras e vivencias. Baixo unha coidada dirección de escena descúbrese un mundo insólito que non por divertido e surreal é menos serio e esplendoroso.

Para esta efeméride presentan unha proposta musical en gran formato, cunha orquestra de luxo creada para a ocasión, acompañadas dun orfeón consolidado e de gran renome como o Coro da Rá. Todos
estes elementos confluirán na escena, suliñando o carácter sinfónico dos seus grandes himnos. Se naceron espindo as cancións para interpretalas con só tres voces e unha guitarra, agora queren
revestilas coas mellores galas para celebrar así estes 10 anos de vida compartida.

Diversión, epicidade, vacanal… son as súas máximas para esta efeméride. Estarán arroupadas por unha escenografía espectacular, unha proposta visual e de iluminación acorde coa celebración, e un vestiario renovado. Para esta labor contan co traballo das Dúas e Punto.

Será unha confesión ante un público sempre fiel. Unha viaxe por estes dez anos de escenarios e vivencias, onde mostrarán material nunca visto ata o de agora, os segredos mellor gardados, e onde abrirán so os seus corazóns de vacas e divas…

 

  • De Vacas: Faia Díaz, Inés Salvado, Paula Romero, Guillerme Fernández.
  • Arranxos muuusicais: Lucas Rei.
  • Músicas da corte: Elena Vázquez (violín I), Carmen Gallego (Violín II), María José Pámpano (viola), Macarena Montesinos (violoncello), Benxamín Otero (Oboe, Corno inglés), Roberto Rama (Saxo soprano, saxo alto, gaitas en sol e re, Low whistle en re e fa), Claudia Carballo (saxo alto, soprano e tenor), Pablo Pascual (Clarinete baixo, clarinete en si b, clarinete contrabaixo).
  • Gaiteiros e Gardacostas da Nazón: Carlos Abraira e Roberto Rama.
  • Excelentísimo director do Coro da Ra: Ramón Bermejo
  • Coro da Ra, Coro de Cor:
    SOPRANOS – Marta Santidrián, María Alkayali, Patricia Cupeiro, Cristina Castro, Carolina Calvo, Silvia Roca, Berta Carou, Antía López, Inma Rial, Uxía García, Manuela Arcos, María Viña, Clara García, Marina Pérez.
    MEZZOS – Marga Ramos, Eva González, Ingrid Valero, Sara Rodríguez, Pilar Bermejo, Marina Goldar, Inés Arqued, Lidia Mouriño, María Iglesias, Claudia Fernández, Carla López.
    ALTOS – Cristina García, Arantza Villar, Belén Méndez, Paloma Fernández, Tania Bogha, Lúa de Sousa, Rocío Jiménez, Fany Suárez, Natalia Santamaría, Andrea de Francisco, Marisa Otero.
    TENORES – Javier GdJazz, Jose Boado, Pablo Villuendas, Julio Lens, Javier Puente, Gonzalo Gesto, Xoán Rodríguez, Manu Mahía, Fernando Hernández, Diego Vázquez, Ramón J. Carballo, David Fernández, Quim Farinha, Sergio Piñeiro, Iván Olmos. BAIXOS – Xacobe Varela, Manuel Gómez, Rafa Amadeo, Vicente Guzmán, Santi Frutos, Migui Bouzó, Tanis Villar.
  • Escenografía de fantasía: As Dúas e Punto
  • Vestiario guapo: As Dúas e Punto
  • Maquillaxe chapa e pintura: Alexandra Fraga
  • Cornos cachena: Lorena Conde
  • Deseño de luces de bohemia: As Dúas e Punto
  • Deseño de son son son: Madouma
  • Produción está ata a corna: Noa Díaz
  • Axudante de produción e peixeira: Thais Núñez
Prezo: ENTRADAS ESGOTADAS



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 7 de Febreiro de 2026 | 20:00