Cine

Mulleres de Cine | O corpo de Cristo

MULLERES DE CINE

 

  • Proxección: O corpo de Cristo (Bea Lema, 2025)
  • Convidadas: Bea Lema e Candela Sierra

Cada sesión incluirá unha breve presentación a cargo das programadoras convidadas, que compartirán a súa visión sobre a obra seleccionada e o seu vínculo co 8M, fomentando un encontro co público arredor da creación, da identidade e das narrativas no cinema. O ciclo Mulleres de Cine refórzase así como unha proposta cultural comprometida coa igualdade, coa visibilización das voces femininas e coa promoción dunha programación diversa e accesible á cidadanía.