Cine

Semana do Cinema Galego | Sirāt

SEMANA DO CINEMA GALEGO

 

Un home e o seu fillo chegan a unha rave perdida en Marrocos. Buscan a Mar, a súa filla e irmá, desaparecida hai meses nunha desas festas sen amencer. Reparten a súa foto unha e outra vez, arrodeados de música electrónica e dun tipo de liberdade que descoñecen. Coñecen un grupo de raveiros e deciden seguilos a unha última festa que se celebrará no deserto, onde agardan atopar a moza desaparecida.

 


 

FICHA TÉCNICA

  • Dirección: Oliver Laxe
  • Guión: Oliver Laxe, Santiago Fillol
  • Produción executiva: Esther García
  • Director de produción: Oriol Maymó
  • Director de fotografía: Mauro Herce
  • Directora de arte: Laia Ateca
  • Montaxe: Cristóbal Fernández
  • Vestiario: Nadia Acimi
  • Son directo: Amanda Villavieja
  • Deseño de son: Laia Casanovas
  • Efectos especiais: Lluís Rivera, Pep Claret, Benjamin Ageorges
  • Música: Kangding Ray
  • Reparto: Sergi López, Bruno Núñez, Stefania Gadda, Joshua Liam Henderson, Tonin Janvier, Jade Oukid, Richard Bellamy

CANDIDATURAS XXIV PREMIOS MESTRE MATEO

  • Dirección de arte
  • Dirección de fotografía
  • Dirección de produción
  • Director
  • Guión
  • Longametraxe
  • Maquillaxe e Perruquería
  • Montaxe
  • Música Orixinal
  • Son
  • Vestiario
Prezo: De balde ata completar aforo.
Duración: 114 min


DATAS E HORARIOS

  • Martes, 7 de Abril de 2026 | 19:00