Danza

E.M. de baile do Concello das Pontes | JOTHAM. A cidade do Jóker

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

A Escola Municipal de Danza do Concello de As Pontes ofrece o seu último espectáculo, JOTHAM. A cidade do Jóker, que recrea o ambiente de suspense e evoca a estética da cidade gótica. No grupo de baile contamos con máis de 100 persoas de idades comprendidas entre os 10 e os 60 anos, nas disciplinas de baile moderno e danza clásica, que renden homenaxe ao cómic e as versións cinematográficas do Jóker. Este espectáculo foi representado nas Pontes en xuño e decembro do 2025 cunha grande resposta de público.

A escola está dirixida por Jaime P. Díaz, coreógrafo e director da compañía Novagalega de Danza, con máis de 20 anos de historia e sube ao escenario diferentes espectáculos de gran calidade artística.