Humor

EMHU | Animus Iocandi, con David Perdomo, Ignatius Farray e Laura Márquez

ENCONTRO MUNDIAL DE HUMORISMO

 

A irmá menor do noso Humoris Causa volve este 2026 para facer desta edición do Encontro Mundial de Humorismo un evento inesquecible.

David Perdomo, Ignatius Farray e Laura Márquez serán os protagonistas desta gala. Se os coñecedes, sabedes que non será unha gala coma as outras. Convidámosvos a unha velada con tres humoristas de autor, sen filtros, e cunha esencia tan auténtica que calquera guión vai saltar polos aires. Atreverédesvos?