Humor

EMHU | Mi media comedia, con Eva Hache e Malena Alterio

ENCONTRO MUNDIAL DE HUMORISMO

 

Eva Hache e Malena Alterio son, probablemente, dúas das mulleres máis importantes da nosa comedia en televisión. Débémoslles gargalladas e frases que utilizamos no noso día a día. E temos a sorte de seguir véndoas nas nosas pantallas unha e outra vez. Co seu humor, ambas conseguiron, dun xeito ou doutro, analizar a realidade española das últimas décadas. E dentro do Encontro Mundial de Humorismo convidámolas a analizarse, agardamos que non literalmente, a unha á outra.

Dúas das mulleres que definiron o humor dunha xeración reúnense para compartir experiencias dun oficio tan difícil como é facer comedia. Un encontro imprescindible para entender por que, despois de tantas décadas, seguimos precisando que elas nos fagan rir.