Pausa é un alegato á calma interior, ao silencio. Inspirado no jazz europeo de Bobo Stenson ou Mats Eilertsen, Hilario Rodeiro combina a música tradicional e o jazz contemporáneo “como se se tratase dunha conversa entre o pasado e o presente”, “como nunha novela que non podes deixar de ler” (All About Jazz).
Colaborador de artistas como Gordon Lee, Ilja Reijngoud ou Deborah Carter, este baterista, productor e compositor de Ordes afincado en Euskadi, lidera o seu quinteto presentando “un dos grandes discos do jazz galego de 2024” (O Recanto do Corcovado). Por outro lado, Rodeiro extendeuse na súa carreira compositiva nas artes escénicas, con pezas como Luz Negra (Dinamo Danza) ou Nikola (Atalak).
MaioJazz | Hilario Rodeiro Quinteto: Pausa