Michael Paul Hinson (nado o 3 de febreiro de 1981 en Memphis, Tennessee) é cantautor e guitarrista de americana e de indie. Deuse a coñecer a finais de 2004 cando só contaba con 23 anos co seu primeiro álbum Micah P. Hinson and the Gospel of Progress. O disco obtivo o beneplácito da crítica e foi incluído nos primeiros postos das listas dos “mellores discos do ano” por varios medios de comunicación.
Musicalmente é comparado con artistas como Johnny Cash, Leonard Cohen, Tom Waits e Nick Cave, e con outros grupos de folk e country rock alternativo como Wilco, Lambchop y Bright Eyes. Hinson pola súa parte afirma que se sente próximo a cantautores próximos ao pop como Elliott Smith ou Iron & Wine e que non creceu escoitando country, senón grupos de rock alternativo como My Bloody Valentine ou Pixies. As súas letras adoitan ser autobiográficas e conteñen referencias á súa precoz e problemática vida persoal, da que a prensa musical adoita facerse eco habitualmente Hinson recoñeceu que este constante vencello por parte dos xornalistas da súa persoa á mala vida lévao a sentirse acantoado, perpetuando ese personaxe, aínda que xa pechara esa etapa.
Micah P. Hinson