NON PRECISAMOS PERDOAR é unha obra de teatro baseada na existencia do Patronato de Protección a la Mujer. É unha composición de teatro contemporáneo que foxe da recreación histórica e que non quere substituír as máis que necesarias voces das propias sobreviventes. Aspiramos a reflectir o brutal e absurdo dos tratos que se perpetran sobre miles de mulleres e a necesidade que elas mesmas enuncian: “nin esquecemento, nin perdón: verdade, xustiza e reparación”, non só para elas, senón para a sociedade mesma da que formamos parte, para a humanidade mesma, que reproduce este tipo de sistemas de represión, torturas e morte ao longo dos tempos e ao ancho dos territorios.
A traxedia de cada unha delas, decenas de miles, é só persoal ou é tamén colectiva? O seu “trauma incurable” do que elas mesmas falan é realmente incurable? Quizais a sociedade que perpetra, permite, silencia ou sufre teña un outro papel con capacidade de reparar?
Premio Luisa Villalta 2025.
Subvención del Instituto de las Mujeres: subvenciones para el fomento de la igualdad de género, destinadas a la promoción de la creación, producción y difusión artística y cultural (2025).
Maquinarias Teatro recomendamos asistir tamén á exposición “Nacionalismo e patriarcado. El Patronato de Protección a la Mujer e a súa Junta Provincial Coruñesa”, comisariada por Belén López Cillero e Mar Abella, na Casa Museo de Casares Quiroga (A Coruña, xuño e xullo 2026).
Dramaturxia e dirección: Ángel Simón e Eugenia Sanmartín.
En escena: Cristina Moreira, Sonia Ruiz Parra e Ángel Simón.
Non precisamos perdoar