Humor

O show de Ignatius Farray

Ignatius Farray é un cómico de Tenerife que comezou no STAND-UP hai 20 anos, e desde entón, segue de xira por todo o país.

Moitos xa o coñecemos porque tiña un programa na Cadena Ser con David Broncano e Héctor de Miguel que se chamaba La vida moderna, escribiu 3 libros para Temas de hoy, Planeta, porque protagonizou unha serie sobre a súa vida, El fin de la comedia, que estivo nomeada a un premio Emmy ou porque se meteu nalgún lío tuiteando e xa sabemos de que pé coxea.

En 2024 cursou o Máster de creación teatral dirixido polo dramaturgo e director Juan Mayorga na Universidade Carlos III.

Aos que non o coñecedes: ou che gusta ou non che gusta, por iso o mellor é que veñas comprobalo.