Un espectáculo que evoluciona co tempo, un monólogo que cambia día tras día.
O espectáculo está apoiado por medios audiovisuais (vídeos e diapositivas). Ademais do seu monólogo, J.J. Vaquero comparte escenario con Carlos Martín “Catos”, guitarrista co que colabora desde 2014. No seu espectáculo, Vaquero fai o que mellor sabe facer: ser Vaquero. Se o coñeces, sabes do que falamos; e se non… pronto o saberás.
J.J. Vaquero (por certo, ese é o seu nome, non a súa profesión) é actor, humorista e guionista, nado nun lugar estraño entre Valladolid e Pucela en 1973. Con máis de quince anos de experiencia no circuíto profesional da comedia, percorreu todas as Comunidades Autónomas de España, facendo rir á xente en clubs, teatros, radio e televisión… e mesmo, segundo os rumores, nun cárcere.
VAQUERO, de JJ Vaquero