O gran Rafael Azcona asina a trama dun pobre home que, obrigado polas circunstancias, herda o oficio do seu sogro —Pepe Isbert, encarnando un verdugo do franquismo—. Overdugo (Luis García Berlanga, 1963) é a mellor película de Luis García Berlanga e unha obra clave da nosa cinematografía que, baixo o disfrace da comedia, agocha unha feroz crítica a unha España desenvolvementista, kafkiana e deprimente. Unha lección de cinema no fondo e na forma, un monumento que se mantén tan vixente coma o primeiro día.
Coloquio con Samantha Hudson
Samantha Hudson é cantante, compositora, produtora, guionista, actriz e icona total. Figura emblemática da contracultura contemporánea polo seu discurso crítico e vangardista e polo seu labor a prol do colectivo LGTB. Foi galardoada con premios como o MTV EMA 2023 á mellor artista española e presentou a última edición dos Premios Feroz, entre outras moitas actividades.
Colón Cinema | O verdugo