Cine

Colón Cinema | O sétimo selo

COLÓN CINEMA

 

Ingmar Bergman constrúe nesta película unha das imaxes máis icónicas do cinema mundial: a do cabaleiro que regresa das Cruzadas e desafía a propia Morte nunha partida de xadrez. Mentres, a Europa medieval é devorada pola peste. Este é o escenario apocalíptico que propón o cineasta sueco en O sétimo selo (Det sjunde inseglet, Ingmar Bergman, 1957), o seu fresco sobre a vida, a morte e o silencio de Deus.

Coloquio con Jordi Costa

Jordi Costa é, desde 2019, o responsable de exposicións do Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (CCCB). É tamén un dos críticos cinematográficos máis lúcidos do país e os seus textos foron publicados en numerosos medios. Defensor do underground e das marxes, escribiu varios libros e dirixiu un par de películas independentes.