A historia dunha muller sen fogar —cunha descomunal Sandrine Bonnaire— convértese, nas mans de Agnès Varda, nun dos retratos femininos máis extraordinarios do cinema. Sen teito nin lei (Sans toit ni loi, Agnès Varda, 1985) é unha road movie sobre o desarraigamento. Ao mesmo tempo, é un arrepiante retrato da inhumanidade da sociedade coas persoas que non encaixan nela. Gañadora do León de Ouro no Festival de Venecia, é unha película que formula preguntas, interpélanos e atravésanos como só o gran cinema sabe facer.
Coloquio con Lúa Ribeira
Lúa Ribeira é fotógrafa e membro da Axencia Magnum. A súa obra explora, entre outros temas, as dinámicas de exclusión, o feminismo e movementos xuvenís como as festas británicas de dancehall, recollidas no seu fotolibro Noises in the Blood. O seu traballo expúxose nalgunhas das galerías máis prestixiosas de Europa e foi galardoado en numerosas ocasións.
Colón Cinema | Sen teito nin lei