Musical

Músicas Posíbeis | HONRA, a non historia de María Pita, da Escola Galega de Teatro Musical

CICLO MÚSICAS POSÍBEIS | PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

HONRA. A non historia de María Pita é un musical contemporáneo que revisita un dos episodios máis coñecidos da historia da Coruña para preguntarse quen merece ser lembrado como heroe. Ambientada durante o asedio inglés de 1589, a obra recupera a figura de María Pita, pero tamén a das moitas persoas anónimas que participaron na defensa da cidade. A través da música, do teatro e dunha mirada actual, o espectáculo reflexiona sobre a memoria colectiva, os mecanismos cos que construímos os relatos históricos e o papel das persoas correntes nos grandes acontecementos. Lonxe dunha recreación histórica convencional, HONRA propón unha lectura contemporánea que conecta o pasado co presente e reivindica as pequenas loitas cotiás que dan forma ás comunidades.

  • Dirección: Miguel Tubía e Sara Fandiño
  • Libreto: Daniel Malques e Sara Fandiño
  • Dirección de banda: Alexandro González
  • Elenco:
    Alis Ramos · Álvaro Cima · Andrés Mahía · Antuán Rivas · Carlos Galán · Iker Fauré · Iria Lamas · Iván Márquez · Jorge Veiga · Manu Estévez · Marta González · Nuria Sanmartín · Paula Pena · Sabela Hermida · Sara Fandiño · Verónica Peiteado.
  • Produción: Escola Galega de Teatro Musical

Duración: 90 minutos


DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 14 de Novembro de 2026 | 20:00