Música

Músicas Posíbeis | Emocións, da Banda Municipal de Música de Celanova

CICLO MÚSICAS POSÍBEIS | PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Emocións é un espectáculo músico-literario que transforma a poesía de Manuel Curros Enríquez nunha experiencia escénica de grande formato. A través dunha sucesión de pezas musicais, narracións e intervencións corais, a obra percorre as emocións presentes nos versos do poeta do Rexurdimento galego: a dor, a esperanza, a memoria, o amor, a perda ou a celebración. Música, palabra, canto coral, baile tradicional e interpretación únense nunha proposta que achega a obra de Curros ao público contemporáneo desde unha perspectiva artística e emocional, convertendo a poesía nunha experiencia viva e compartida.

  • Música orixinal: Manuel Alejandro López Pérez
  • Texto narrativo: Baldo Ramos
  • Dirección musical: Miguel Pérez Lorenzo
  • Participan:
    -Banda Municipal de Música de Celanova
    -Coral de Ruada
    -Coro Cidade de Vigo (ONCE)
    -Coro da Escola Municipal de Música de Vigo
    -Coral Polifónica Solpor de Celanova
    -Rebulir Cultura Tradicional Solistas vocais e instrumentais

Duración: 110 minutos


DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 15 de Novembro de 2026 | 20:00