Música

Circes e Morganas celebrando a Begoña Caamaño

FESTAS DO ROSARIO

 

Un dos momentos máis destacados das Festas do Rosario será o espectáculo ‘Circes e Morganas celebrando a Begoña Caamaño’. A proposta reivindica o legado literario, cultural e humano da escritora e xornalista, homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026, a través dun encontro de música, palabra e creación visual.

O espectáculo está concibido como unha celebración colectiva arredor da figura de Begoña Caamaño, reunindo sobre o escenario a artistas e creadoras como Rosa Cedrón, Ana Romaní, Lucía Aldao, Uxía, Faia Díaz, Tereixa Novo, A Pedreira, De Vacas, Alba María ou Zeltia Irevire, entre outras participantes.

Baixo a dirección escénica de Marina Oural e A Pedreira, a iniciativa propón unha viaxe artística polo universo de Begoña Caamaño, destacando a súa contribución ao feminismo, á literatura galega, ao xornalismo e á cultura do país desde unha perspectiva de celebración, memoria e amizade.

Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Mércores, 7 de Outubro de 2026 | 21:00