Cine

Norte Cinema Diverso | Encontro entre público e artistas + Traxectos + Clausura

NORTE CINEMA DIVERSO

 

17.30 h. Encontro entre público e artistas

Con Richard Zubelzu, Magda Calabrese, José Luis Díaz, Saamira Ganay, Alba Domínguez Serén, Anxos Fazáns, Paula Pereira e Lucinda Rey Escribano.


19h. Traxectos

Piedra, papel, tijera (19’)

  • Dirección: Miguel Ángel Olivares
  • Intérpretes: Saida Benzal, Cuca Escribano, Luisa Gavasa, Nacho Guerreros, Raúl Tejón
  • Orixe e ano: España, 2025
  • Temática: Drama, G, VIH, Eutanasia

Mateo, un afamado escritor, reúne os seus amigos na súa casa durante un fin de semana para propoñerlles un xogo: compartir o seu mellor recordo con el. Ao final, elixirá un gañador. Que segredo esconde esta inocente proposición? Cal é o premio que ningún quere gañar?

Violetas (18’)

  • Dirección: Borja Escribano
  • Intérpretes: Javier Pereira, Alfonso Bassave, Christian Sampedro, María Cantuel, Pablo Viña
  • Orixe e ano: España, 2024
  • Temática: Drama, G, Memoria histórica

En 1945, baixo a opresiva sombra da ditadura franquista, Juan, un axudante de profesor universitario, coñece a Manuel nun encontro casual nocturno nun parque. Coas súas reservas iniciais, desenvólvese entre eles unha complexa historia de amor, moldeada polo turbulento clima político e a incomprensión de quen os rodea.

Dafne y Pol (17’)

  • Dirección: Sergio Checa
  • Intérpretes: Dafne Cano, Aitana V., Antonio Romero, Rosa Bonmatí, Alán Sánchez
  • Orixe e ano: España, 2025
  • Temática: Drama, L, B, Lesbofobia, Bullying

Alwasiyya (20’)

  • Dirección: Magda Calabrese e Richard Zubelzu
  • Orixe e ano: España, 2026
  • Temática: Documental, G, Duelo

Alwasiyya narra a historia de Pepe, que, tras a morte do seu marido, Ricardo, emprende unha viaxe interior para reconciliarse coa ausencia, redescubrir a súa identidade e abrirse a novas formas de estar no mundo. A través da súa experiencia, o espectador percorre paisaxes de amor, memoria e resiliencia. Curtametraxe documental que ofrece unha mirada ao duelo, á memoria e á transformación persoal, conectando o individual con algúns dos debates sociais máis relevantes da actualidade.

Carta ao Pai (10’)

  • Dirección: Rafael Ferreira
  • Orixe e ano: Portugal, 2022
  • Temática: Documental, G, Familia

Unha carta audiovisual dun fillo ao seu pai na que, a través dunha viaxe aos seus recordos da infancia e da adolescencia, tenta recompoñer a súa relación. Con esta película, o director busca crear un espazo que inicie o proceso de reparación do vínculo co seu pai —unha relación marcada polo conflito arredor da súa sexualidade—, ao tempo que sana as súas propias feridas do pasado.

Invitados: Richard Zubelzu, Magda Calabrese, José Luis Díaz, Rafael Ferreira e X. A. Ferreiro (MDM).

Música: Zavala (acústico).

 


21h. Clausura

Entrega do premio Trini Falcés

Proxección da película ‘Iván & Hadoun’