Prezo: 16€ | 20€ | 26€ | 30€
DATAS E HORARIOS
- Sábado, 2 de Xaneiro de 2027 | 18:00
- Sábado, 2 de Xaneiro de 2027 | 20:30
- Domingo, 3 de Xaneiro de 2027 | 18:00
- Domingo, 3 de Xaneiro de 2027 | 20:30

X Galicia Magic Fest
A maxia celebra a súa década dourada na Coruña! O Galicia Magic Fest chega á súa 10.ª edición e celébrao cunha produción ilusionante no escenario do Teatro Colón.
Convertido hoxe no festival internacional de ilusionismo máis extenso de Galicia e de todo o noroeste da Península, este evento chega xa a trece cidades galegas e consolídase como un referente indiscutible das artes escénicas galegas. Ao longo destes dez anos, polo Galicia Magic Fest pasaron as principais estrelas do ilusionismo mundial, como Eric Chien, Arnó, Lea Kyle, Yunke, Norbert Ferré, Tina Lenert, Miguel Muñoz, Trigg Watson, Celia Muñoz, David Kaplan, Mano Han, Junwoo Park, Solange Kardinaly, Arkadio, Filiberto Selvi, Henry Evans, Enric Magoo, Luis Olmedo, Juliana Chen, Anca e Lucca, Julius Frack, Mirko Callaci e moitos outros, con espectáculos que cativaron miles de persoas.
Baixo a dirección do ilusionista e produtor galego Pedro Volta, esta gala de aniversario reúne nun mesmo escenario un elenco de elite internacional para celebrar dez anos de asombro ininterrompido. Axiña desvelaremos os participantes desta edición: ESTRELAS MUNDIAIS DA ARTE DA MAXIA.