Con motivo do seu 140 aniversario, a Cociña Económica da Coruña celebra unha gala benéfica moi especial na que a música e a solidariedade serán as protagonistas. O concerto contará coa valiosa participación do Conservatorio Superior de Música da Coruña, cuxos intérpretes ofrecerán o seu talento en apoio dunha institución profundamente vinculada á historia e ao compromiso social da cidade herculina.
Desde hai 140 anos, a Cociña Económica desenvolve un labor indispensable, ofrecendo alimento, atención e acompañamento ás persoas e familias que atravesan situacións de vulnerabilidade. O seu traballo diario (os 365 días do ano) representa valores tan necesarios como a dignidade, a acollida, a proximidade e a solidariedade, e fai da Coruña unha cidade máis xusta e humana.
Esta gala é unha oportunidade para recoñecer a súa extraordinaria traxectoria e, ao mesmo tempo, contribuír a que poida seguir atendendo a quen máis o precisa. Convidámoste a gozar dunha velada musical única e a sumarte a unha causa solidaria.
Gala benéfica 140 aniversario Cocina Económica