Antoloxía do Bolero é un espectáculo da Savoy Club Big Band que revive a maxia dos grandes boleros nunha experiencia chea de elegancia, romanticismo e emoción.
Baixo a dirección e os arranxos orixinais de José Somoza, 18 músicos e 4 grandes voces (Noelio Rey, Kirenia Martínez, Charo Quicler e Melchor Rodó) dan vida a un repertorio inesquecible, nunha viaxe musical desde as raíces cubanas ata os grandes clásicos de Latinoamérica. Con Xurxo Souto como narrador e presentador, tradición e forza orquestral únense nunha homenaxe ás cancións que marcaron xeracións.
Savoy Club Big Band | Antoloxía do Bolero