Duración: 60 minutos
Calificación: TP
Trátase dunha adaptación a ópera para nenos do conto de Hoffmann e da música que compuxo, para o ballet do mesmo nome, o célebre Tchaikovsky.
Clara está feliz porque hoxe é o día do seu aniversario e quedou para celebralo co seu irmán Fritz, a súa amiga Ana e o seu tío Drosselmeyer. Este último non aparece na celebración pero, en cambio, manda a Clara un extraño agasallo polo que a nena sente unha paixón especial a primeira vista: un boneco Quebranoces.
Este é o punto de partida dun marabilloso soño no que o Quebranoces cobrará vida e acompañará a Clara nunha viaxe singular ateigado de personaxes singulares, unha fada de algodón de azucre, unha boneca rusa, un chiniño mandarín e un perigoso Rey Rato, ao que conseguirán vencer axudados polos nenos do público, verdadeiros protagonistas desta historia.
REPARTO. HELENA ALONSO, DARÍO GALLEGO, CRISTINA ZAMBRANA, FACUNDO MUÑOZ/CARLOS FERNÁNDEZ, JOSEBA PRIEGO/ ANGEL WALTER. DIRECCIÓN ESCÉNICA E GUIÓN ORIXINAL. CRISTINA ZAMBRANA. ARRANXOS MUSICAIS. MANUEL VALENCIA. ILUMINACIÓN. JUAN MANUEL GONZÁLEZ. REXIDURÍA E ATREZZO. FRAN ROMÁN. XASTRARÍA. PEDRO MATEOS. ESCENOGRAFÍA. MARIO GARCÍA, FERRO TEATRO S.L.
EL CASCANUECES, FERRO TEATRO
Ferro Teatro é unha produtora teatral, nova e entusiasta que xorde da asociación de varios cantantes líricos profesionais de recoñecido prestixio e ampla experiencia neste ámbito.
A súa pretensión básica é a creación do acto de ‘ir ao teatro’, utilizando como instrumento básico a difusión de valores, o humor e un traballo fresco, mozo e ben feito.
Dende a súa creación, no ano 2004, desenvolveron múltiples e variados traballos dentro do ámbito das disciplinas artísticas, dirixidas tanto a nenos como a adultos. En 2009 foron escollidos pola Fundación Caja Madrid para levar o espectáculo ‘De viaje por la zarzuela’ dentro da programación de ‘Amando y Respetando’ que promove dita entidade. Contan cunha ampla experiencia na creación de espectáculos para nenos. Produciron oito espectáculos de teatro infantil cos que levaron a cabo múltiples xiras por todo o territorio español, tanto en funcións en aberto como en campaña escolar.