Cancélase o concerto de Lucrecia por motivos de axenda

A función prevista para o vindeiro 21 de marzo será substituída pola obra de teatro ‘O Furancho’ de Ibuprofeno Teatro

Lamentamos comunicar a cancelación, por motivos de axenda, do concerto da cantante cubana Lucrecia previsto para o vindeiro 21 de marzo. Dende o Teatro Colón lamentamos os inconvenientes que isto poida ocasionar a aquelas persoas que adquirisen entradas para o evento.
Recordamos tamén que os interesados poden pedir a devolución do importe das entradas polo mesmo canal polo que realizaron a compra. No caso de que as adquirisen nun dos despachos de billetes habilitados (o propio do teatro, o da Praza de Ourense ou o de A Fundación) deberán dirixirse sempre a aquel no que realizaron a compra das entradas.

Portada-O-Furancho

O concerto de Lucrecia será substituído pola obra de teatro ‘O Furancho’ da compañía Ibuprofeno Teatro. Unha comedia escrita e dirixida por Santiago Cortegoso –recente gañador do Álvaro Cunqueiro a mellor texto teatral- que ten a Marian Bañobre e Isabel Risco como protagonistas.