Duración: 90 minutos
Idioma: Castelán / Castellano
Calificación: +15
Volven Bertín Osborne e Paco Arévalo cunha nova aventura de Mellizos:
‘Por Humor al Arte’; obra estreada no Teatro Nuevo Apolo de Madrid o 16 de abril de 2015. Osborne e Arévalo xa percorreron toda a península cos seus anteriores shows cun gran éxito de público.
Nesta nova entrega queren explica por que seguen xuntos. Haberá tamén cancións e música en directo coma antes, haberá historias tan divertidas como sempre e sorpresas e imprevistos … en definitiva, imos a pasar unha velada inesquecible!
Non é un dicir, posto que xa gozaron da compañía de máis de 500.000 persoas ao longo de 400 representacións.
Nota: queremos advertir que durante a representación pode producirse algún cambio de estación. Igual entran ao teatro en primavera e durante a obra é Nadal …
CON: BERTÍN OSBORNO E PACO ARÉVALO.
IDIOMA: CASTELÁN
MELLIZOS, Por humor al arte
Grandes artistas pero, sobre todo, grandes amigos. O humorista Paco Arévalo e o cantante Bertín Osborne convértense en idénticos irmáns en ‘Mellizos’, obra coa que están percorrendo a xeografía española de cabo a rabo, como se diría no argot taurino.
Úneos unha relación de trinta anos e coñécense coma se realmente foran eses mellizos que reza o título da obra. A idea desta disparatada e divertida proposta xurdiu dunha casualidade, segundo declarou Bertín. Comentoullo Paco coma unha broma e éste encargouse de organizalo todo para que o espectáculo vise a luz.
É seguro que o resultado da obra vén marcado tamén pola súa estreita relación, porque como di o cantante: ‘parecémonos moito, temos os mesmos valores e principios na vida’.