Érase unha vez, un carpinteiro chamado Gepetto que decidiu construír un boneco de madeira, ao que chamou Pinocho. Con el, conseguiu non sentirse tan só.
– ¡Cómo me gustaría que tivese vida e fose un neno de verdade!
Así comeza o inmortal conto de Pinocho, a marioneta de madeira protagonista do libro ‘As aventuras de Pinocho’, escrito por Carlo Collodi e publicado en 1883 co título ‘Storia di un Burattino’ (Historia dun monicreque).
En ‘El Pequeño Pinocho’, nova produción de Ópera Divertimento, a estética da súa posta en escena presenta un conto vivo con actores, cantantes e músicos en directo. A produción incorpora unha partitura e un deseño de audiovisuais xerados ex profeso.
Ópera Divertimento segue apostando pola dramaturxia do conto clásico combinado coa composición orquestral para achegar o mundo da lírica aos máis pequenos.
EL PEQUEÑO PINOCHO