Duración: 90 minutos
Calificación: + 14
‘Caso Retrete’ é unha comedia satírica que pon en escena as corruptelas dos sectores máis poderosos dunha urbe imaxinaria. Amosará o afán dos que mandan por obter beneficios a costa dos cidadáns, aproveitándose dunha estraña ‘medida ecolóxica’ de obrigado cumprimento que dispón o Concello.
Desfilarán polo escenario personaxes diversos, algúns que amosarán a súar intención de sacar tallada, tamén, da estraña medida ecolóxica do Concello, cualificada polos mesmos políticos que a puxeron en marcha como ‘un negocio limpo e que esixe un brinde’.
Outras personaxes seguirán as funcións que lles toca desempeñar dende o seu posto de traballo sen exercer ningún posicionamento diante das ordes que reciben. O contrapunto exercerano dous obreiros que serán a voz crítica da peza, os que descubran no acto final que todas as liortas dos políticos non son máis que puro teatro.
AUTOR E DIRECTOR: CARLOS FREIRE. REPARTO: DAVID MARTÍNEZ, CARLOS FREIRE, LAURA IGLESIAS/SUSANA LAMAS, LUCÍA PÉREZ, ANA GRONZO, CARLOS FABAL, MONCHO ÁLVAREZ, ROSA FREIRE, ADRIÁN FLAVIO, EMMA FERNÁNDEZ, PILAR PEDREIRA, DAVID MARTÍNEZ.
IDIOMA: GALEGO
CASO RETRETE [IV MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO]
Un ano máis volve ao Teatro Colón a Mostra de Teatro Afeccionado, unha iniciativa coa que queremos apoiar o teatro non profesional e servir como plataforma de difusión para dar a coñecer o traballo destes grupos, que son parte esencial do sector escénico.
Dentro deste ciclo a Asociación Cultural e Teatral Trotaconventos presenta ‘Caso Retrete’.