Duración: 90 minutos
Calificación: TP
Ante a celebración das vodas de prata, Dorotti e Plácido deciden revivir a súa lúa de mel, hospedándose no mesmo hotel de El Escorial.
Amigos e familiares, que se achegaran ao hotel para darlles unha sorpresa, atópanse cun panorama que, ante a insistencia de Dorotti por saber se o seu marido lle fora fiel, saca á luz, unha aventura que Plácido tivo nos seus primeiros anos de matrimonio e que, despois de tanto tempo, fai un efecto devastador e sobre todo sorprendente.
Amor, incomprensión e intransixencia, amósanse sen complexos ante as diversas confesións e declaracións. Unha comedia ambientada en 1955 , que nos amosa as vicisitudes dunha serie de persoas que configuraban a sociedade da época e que nos regalan uns minutos moi divertidos.
REPARTO: MARÍA JOSÉ INSUA, ESPERANZA DIÉGUEZ, PACO VILA, LOLY RIVAS, J. ANTONIO MARTÍNEZ, BIBI CARAMÉS, MODESTO GÓMEZ, GEMA DOMÍNGUEZ, CRISTINA FREIRE, TATIANA ALBUJAR, DAVID GANDOY. DIRECCIÓN: MODESTO GÓMEZ. DIRECTORA DE ESCENA: GEMA DOMÍNGUEZ. REXIDORA: CARMEN ÁLVAREZ. PRODUCIÓN: Mª CARMEN MARTÍNEZ. ILUMINACIÓN E SON: RAMÓN ABELEDO, Mª CARMEN MARTÍNEZ. VESTIARIO: MAYTE MACEIRAS. ATREZZO: SAL-MONELA TEATRO. ESCENOGRAFÍA: MODESTO GÓMEZ, CARMEN ÁLVAREZ. MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA: CARMEN ÁLVAREZ. DESEÑO GRÁFICO: MESISA VIEIRA RIVAS.
IDIOMA: CASTELÁN
TAN PERFECTO NO TE QUIERO [IV MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO]
Un ano máis volve ao Teatro Colón a Mostra de Teatro Afeccionado, unha iniciativa coa que queremos apoiar o teatro non profesional e servir de plataforma de difusión para dar a coñecer o traballo destes grupos, que son parte fundamental do sector escénico.
Dentro deste ciclo o grupo Sal-Monela Teatro presenta ‘Tan perfecto no te quiero‘.