Duración: 65 minutos
Idioma: CAS
Calificación: +3
O xoven príncipe Sigfrido cumpre mañá vinte e cinco anos e está desanimado e tristísimo, pois a súa nai, a Raíña, obrígao a escoller esposa durante a súa festa de aniversario, pero Sigfrido xa non confía no amor, porque non o sentiu nunca e cre, polo tanto, que non existe.
Antes da festa, para librarse do barullo, decide ir co seu amigo Benno na procura de setas, ao bosque preto do seu palacio, -sempre ven ben desestresarse antes dunha reprimenda dunha nai - e cando menos o espera … zas! O amor golpéao forte no peito, no estómago, na cabeza e ata nos pés!... Sigfrido namórase de Odette, que acababa de transformarse, ante os seus propios ollos, de cisne na máis marabillosa doncela que nunca vira.
O estraño feito de que ela sexa unha moza-cisne non disuade a Sigfrido de caer ensimesmado de amor, senón que o empurra aínda máis, a coñecer a Odette, porque o diferente non ten porque ser malo …
Este inicio levará ao público a embarcarse, xunto ao príncipe Sigfrido, nun fermoso conto cheo de malos e bos, bruxaría e realidade, pero do que non pensamos desvelarvos nada máis, deberedes velo vós mesmos.
REPARTO: DARIO GALLEGO/GUILLERMO MUÑOZ, HELENA ALONSO/Mª JOSÉ GARRIDO, FACUNDO MUÑOZ, CRISTINA ZAMBRANA, JOSEBA PRIEGO / ÁNGEL WALTER. GUIÓN ORIXINAL E DIRECCIÓN ESCÉNICA: CRISTINA ZAMBRANA. DIRECCIÓN MUSICAL E ARRANXOS: MIKHAIL STUDIONOV. DESEÑO DE DECORADOS E ATREZZO: ROBERT ROCKMAN, FERNANDO RODRÍGUEZ. DESEÑO DE ILUMINACIÓN: JUANMA GONZÁLEZ. ESPAZO SONORO: RAFA LÓPEZ. REXIDURÍA E MAQUINARIA: JESÚS GORDO. VESTIARIO: ANA ZAMBRANA. PRODUCIÓN: ANDREA BANÚ. DESEÑO GRÁFICO: FERNANDO GIL. CASCOS DE ANIMAIS: MARIO GARCÍA.
EL LAGO DE LOS CISNES, Ferroteatro
Esta adaptación a ópera para nenos e nenas EL LAGO DE LOS CISNES, é a cuarta das nosas producións ao longo da historia de Ferro Teatro e a segunda do célebre Tchaikovsky, e é que a experiencia co CASCANUECES, que é a nosa produción anterior do mesmo autor, non puido ser máis satisfactoria, tanto para nós, como para os nosos xóvenes espectadores.
A música deste xenial compositor é audaz e viva, moi do gusto dos nenos, e moi fácil para inventarlle letras que a fagan ser cantada de forma operística, e iso é precisamente o que fixemos, a nivel musical, en EL LAGO DE LOS CISNES.
Ademais disto, creamos un guión baseándonos na trama inicial do conto, pero creando personaxes máis atractivos aos ollos dos nenos do século XXI, buscando sempre a comicidade necesaria para un espectáculo para nenos e sobre todo, buscando a súa participación en todo momento, como non podía ser menos, pois un dos rasgos distintivos de Ferro Teatro é que os nosos espectáculos son tan interactivos que os nenos son un personaxe máis de todas as nosas obras.
Ferro Teatro
DOSSIER