MARCOS MELÉNDREZ BOLERO ATLÁNTICO en concerto [XOVES DE MÚSICA]
MIRANDO AL MAR é un CD de boleros chegados ata aquí dende a outra beira do Atlántico, arrastrados polas súas correntes, interpretados ao gusto das sereas. Temas que falan de amor e desamor, de paixóns que aboian ou afunden entre augas turbulentas, de travesías para corazóns destemidos, afeitos ao sabor do salitre.
Un CD gravado e masterizado na cidade durante este ano 2015 e que se presentará no Teatro Colón o xoves 10 de decembro. Este espazo emblemático da Coruña resulta idóneo para acoller a presentación desta proposta artística, tanto pola súa ubicación, céntrica e a carón do porto, coma polo seu acondicionamento, que garantiza o desfrute do espectáculo contra vento e marea.
Marcos Meléndrez, quen fora a voz do grupo de pop latino Los Doré, lidera este proxecto no que se mesturan grandes éxitos con temas menos coñecidos, cunha posta en escena intensa, elegante e intimista.