Música

NEW YORK SALSA TRIBUTE by ORQUESTA SONORIDAD & MAMBO SINS [XOVES DE MÚSICA]

XovesdeMusica_LOGOS

Somos unha combinación de amantes da salsa, entusiastas da música e apaixonados pola música e a salsa. É por iso que, aínda que as nosas raíces son galegas, iniciamos este proxecto co ánimo e a ilusión de recrear a forza, o ritmo, a cadencia, a expresividade e a sensualidade que transmite ese gran xénero musical, icona da mestizaxe latina e crisol de culturas, que é a salsa.

A nosa inspiración é a maxia que creaban as grandes orquestras de salsa en Nova York e o Caribe hispano nos anos 60’s e 70’s, que compoñían, interpretaban e plasmaban a súa propia personalidade en grandes temas que a día de hoxe son xa clásicos do xénero, e verdadeiras xoias representativas desa época entre tanta riqueza musical.

Así, evocando o clásico son que proxectaban estas grandes agrupacións musicais da idade dourada da salsa, escollemos un repertorio de versións xa eternas e inesquecibles, que representan o talento, a orixinalidade, a personalidade e sobre todo a excelente calidade destes prodixiosos e insólitos intérpretes, como son Héctor Lavoe, Tito Puente, Willie Rosario, Ray Barreto, New Swing Sextet, Roberto Roena, Tommy Olivencia, Cal Tjader, ou grandes conxuntos instrumentais da talla do Gran Combo de Puerto Rico.

E por suposto con varios dos temas interpretados por un dos grupos de danza galegos máis afamados nos festivais latinos de España, as “Mambo Sins”, unha experiencia visual magnífica en conxunción coa música en directo que non se poden perder, porque queremos que o gocen e o compartan con nós, que o oian, que o canten e que o bailen.

Orquesta Sonoridad

Foto_Oscar_Gorriz

Prezo: ANTICIPADA: 4 € (VR) / 8 €. DÍA FUNCIÓN: 6 € (VR) / 10 €
Duración: 120 minutos

Calificación: + 12

DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 18 de Febreiro de 2016 | 21:00