Prezo: ANTES DE 23/11/2015: 16 €. A PARTIR DE 24/11/2015: 20 €
Duración: 90 minutos
Calificación: TP
Duración: 90 minutos
Calificación: TP
AUTOR, DIRECTOR E COREÓGRAFO: HENRIQUE PEÓN. COMPOSITOR, ARRANXOS E DIRECCIÓN MUSICAL: PEDRO LAMAS. ASISTENTE COREOGRÁFICO: JORDI VILASECA. ASISTENTE DE DRAMATURXIA: SUSANA CRESPO. DESEÑO DE ILUMINACIÓN: SANTIAGO MAÑASCO. DESEÑO DE VESTIARIO: HENRIQUE PEÓN. CONFECCIÓN DO VESTIARIO: M. TERESA ROSALES, SANTOS SALGADO. DIRECCIÓN DE CORO: ARANTXA CONCHEIRO. DIRECCIÓN DE MÚSICOS TRADICIONAIS: MIGUEL VÁZQUEZ. DIRECCIÓN DE PANDERETEIRAS: XURXO FERNANDES. DESEÑO GRÁFICO: PABLO FEDERICO
O PODER DO ARCABUZ, Quique Peón Cía. / Xacarandaina
‘O Poder do Arcabuz’ recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media. Trátase dun espectáculo de danza tradicional de gran formato, con case un cento de artistas no escenario: 35 bailaríns, 20 músicos e 40 persoas no coro.
A compañía Quique Peón Cía. e o Grupo de Música e Baile Tradicional ‘Xacarandaina’ xúntanse para facer unha das obras máis ambiciosas no mundo da danza tradicional galega. ‘O Poder do Arcabuz’ fusiona distintas artes escénicas enmarcadas nun contexto netamente contemporáneo e traído aos nosos días. A obra é a descrición surrealista dunha historia, creada para a ocasión, baseada na maior revolta do século XV en Europa: A Revolta Irmandiña.
A danza e o baile tradicional galego serán o elemento principal do espectáculo, a linguaxe de cohesión de todo. Na obra amosaranse diferentes movementos e expresións de danzas, bailes, músicas, cantos e coreografías, moitas delas medievais (de espadas, de arcos, de paus, de cintas, de reis, de dongas e galáns…), empregando un amplísimo abano de movementos folclóricos que evolucionarán até os nosos días e que servirán para relatar o que se quere contar en cada momento.
Sen embargo, a danza contemporánea tamén estará presente na obra, non tanto na súa linguaxe como no seu concepto, pois é un estilo que foi creado para expresar os sentimentos e reexaminar os principios fundamentais da danza como medio de comunicación.
A música, dirixida por Pedro Lamas, será un eixo fundamental do espectáculo e fusionará a música tradicional e a culta, facéndo énfase na do medievo, creando bases contemporáneas e étnicas utilizando música instrumental, de percusión e vocal (solista e coral).
‘O Poder do Arcabuz’ é un espectáculo concibido como un musical de estrutura compostal de diferentes escenas que se irán sucedendo, unha tras outra, a modo de actos, ao estilo dos antigos ballets románticos.
DOSSIER