Teatro

LOS ESCLAVOS DE MIS ESCLAVOS, Teatro Meridional

Cunha decidida aposta por contar historias universais dende pequenos microcosmos, esta nova aventura dos creadores de Qfwfq, Miguel Hernández, Romeo, Cyrano, Calisto e tantos outros, céntrase no intenso e extremo universo interpersoal elaborado ao longo dun prolongado secuestro. Como superar o medo, a inactividade, o encerro, o aburrimento, a falta absoluta de información, as diferenzas políticas e persoais, pechados nunha situación límite?

Rober, Ismail e Anik, europeos ligados ao mundo da cooperación, xunto a Amina, muller talibán convencida da súa situación, van superando as crise diarias grazas a unha mestura inestable de decisión, sentido común, loucura, humor, rabia, segredos, comunicación, tenrura e sorte. E á vez deixándonos entrever a trama da grosa tela xeopolítica na que están, e estamos todos envoltos.

Concibida dende unha concepción á vez comprometida e festiva do teatro, para a súa elaboración documentouse en relatos escritos por reféns reais (fundamentalmente: An evil cradling, de Brian Keenan, profesor irlandés catro anos e medio en poder de integrantes chiíes en Líbano; e Captive, de Jere Van Dyk, xornalista americano cativo dous meses nunha prisión talibán das montañas), así como en numerosas noticias e artigos diversos.

Pero escribiuse pensando fundamentalmente no teatro. En ofrecer un material rico ao actor e unha complicidade ao público, creando un texto escénico onde os sentimentos, as suxestións, o humor e a poesía tamén teñen cabida.

DOSSIER    CRÍTICA

Prezo: ANTES 31/12/2015: 8 € (VR) / 10 €. A PARTIR 01/01/2016: 10 € (VR) / 12 €
Duración: 75 minutos
Idioma: CAS
Calificación: +15

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 15 de Xaneiro de 2016 | 20:30

SINOPSE

Varios cooperantes secuestrados nunha cova, nas montañas de Afganistán, xunto cun dos seus captadores: son catro vítimas da situación xeopolítica e do seu propio desexo de acción. Que poden facer? Como sobreviven? Nesta nova obra de Meridional explora o día a día soportado polos reféns en oriente medio, cuxa forza xorde da comunicación, á vez sutil e mundana, do humor, o enxeño e a esperanza. E á vez aproveita para expor cuestións ás que quizais non todos deamos as mesmas respostas.



FICHA ARTÍSTICA

TEXTO: JULIO SALVATIERRA. DIRECCIÓN: ÁLVARO LAVÍN. REPARTO: ELVIRA CUADRUPANI, INÉS SÁNCHEZ, FRAN CANTOS, ÁLVARO LAVÍN. DESEÑO DE ILUMINACIÓN: LUIS PERDIGUERO. MÚSICA: ALBERTO GRANADOS. DESEÑO E REALIZACIÓN DE VESTIARIO E ATREZZO: GUADALUPE VALERO. ESPAZO ESCÉNICO: MERIDIONAL PRODUCCIONES. FOTOGRAFÍA: DIEGO CONESA. TÉCNICO ILUMINACIÓN: IGNACIO DE LOS RÍOS. DESEÑO GRÁFICO: MARIANNA OBREGÓN. PRODUCIÓN: MERIDIONAL PRODUCCIONES.