Humor

LEO HARLEM, Hasta aquí hemos llegado con Leo Harlem, Sinacio e Sergio Olalla

O cómico leonés Leo Harlem presenta un novo espectáculo xunto a Sinacio e Sergio Olalla. A risa está asegurada.

Como é o día a día dun artista antes de saír ao escenario? Esta é a historia que Leo Harlem, Sinacio e Sergio Olalla queren contar en ‘Hasta aquí hemos llegao’. Unha comedia que che garante pasar un bo anaco durante os 90 minutos que dura a actuación. ‘Te reirás como si no hubiera un mañana’, afirman dende a produtora.

O show estreouse en outubro en Madrid cun enorme éxito de crítica e público. Uns monólogos desternillantes guiados polo gran Leo Harlem, que te farán gozar das situacións máis insospeitadas polas que ten que pasar un cómico antes de cada bolo. O popular monologuista comparte escenario con dous vellos coñecidos, Sinacio e Sergio Olalla, que xa colaboraron con el en #TrendingTronching.

DOSSIER

CARTEL - Hasta aquí hemos llegao A4

Prezo: 16 € (VR) / 20'40 € / 23'40 €
Duración: 90 minutos
Idioma: CAST
Calificación: +15

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 20 de Febreiro de 2016 | 20:00
  • Sábado, 20 de Febreiro de 2016 | 22:30