Teatro

A FORMA DAS COUSAS [ESTREA]

‘A Forma das Cousas‘ é unha brillantísima comedia negra asinada polo dramaturgo Neil Labute, considerado como o herdeiro natural de David Mamet. Trátase dunha historia provocadora, contundente, intelixente e cun ritmo trepidante que pescuda sobre os límites do amor e da arte contemporánea. Até onde estamos dispostos a chegar no nome do amor?

Prezo: ANTICIPADA: 9 € (VR) / 12 €. DÍA FUNCIÓN: 11 € (VR) / 15 €
Duración: 80 minutos
Idioma: GAL
Calificación: +16

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 18 de Marzo de 2016 | 20:30

SINOPSE

Evelyn, unha iconoclasta e excéntrica estudante de belas artes, aparece na vida monótona de Adán, un mozo inseguro e sen sorte no amor. El, que xamais se preocupara pola súa imaxe, estará disposto a cambiar calquera trazo da súa personalidade con tal de gustarlle a ela.

Pouco a pouco irase transformando, converténdose nun tipo máis desexable e atractivo. Non obstante, o cambio físico e emocional de Adán chamará a atención dos seus amigos más próximos (Jenny e Fili), e pronto terá inesperadas consecuencias para todos.



FICHA ARTÍSTICA

REPARTO: SARA CASASNOVAS, BORJA FERNÁNDEZ, VICTORIA PÉREZ, MACHI SALGADO. DIRECCIÓN E DRAMATURXIA: CARLOS ÁLVAREZ-OSSORIO. AUTOR: NEIL LABUTE. ESCENOGRAFÍA: SUSO MONTERO. MÚSICA ORIXINAL: PABLO SEOANE. ILUMINACIÓN: OCTAVIO MAS. PRODUCIÓN EXECUTIVA: MARTA HORJALES. PRODUCIÓN: LA YOGURTERA, S.L.