Duración: 85 minutos
Idioma: GAL
Calificación: +15
Tres compañeiros de piso orbitan compartindo espazo e soidade. A enerxía que conteñen no seu interior marcará os seus destinos. As cousas máis simples, ás veces son as máis difíciles de conseguir, os nosos esforzos pérdense na noite como o refulxir dun lucecú que titila até esmorecer, cando non acada a resposta buscada.
‘A órbita do lucecú’ explora as relacións humanas nunha viaxe curiosa e divertida a través de Marte, Nikola Tesla e os lucecús.
DRAMATURXIA: LUCECÚS TEATRO baixo a coordinación de SANTIAGO CORTEGOSO. DIRECCIÓN: SANTIAGO CORTEGOSO, MARIÁN BAÑOBRE. REPARTO: ANXO MANOEL, ISA HERRERO, RUBÉN PÉREZ. PRODUCIÓN: LUCECÚS TEATRO. VESTIARIO: MARIAN BAÑOBRE. FOTOGRAFÍA: BRIAN RODRÍGUEZ CORTIÑAS. DESEÑO GRÁFICO: JORGE ALBA. ESPAZO SONORO: PANUME.
A ÓRBITA DO LUCECÚ, Lucecús Teatro
Para a realización deste proxecto teatral, a compañía apostou por un intenso traballo de documentación partindo de dous temas: a sociedade tecnolóxica e os novos xeitos de comunicarse. O proceso foinos levando a tres ideas que orbitaban ao redor noso: os lucecús, Nikola Tesla e o planeta vermello. Logo dese traballo de documentación, pasamos á exploración de diferentes situacións dos personaxes con moito xogo e improvisación, que fixo que esa idea inicial evolucionara cara outras temáticas como a soidade, o amor, a procura ou a reafirmación persoal, até conseguir un texto e un espectáculo vivos, actuais e cheos de enerxía.