Teatro

MEMORIAS DUN NENO LABREGO, abrapalabra creacións escénicas

En 1961 publicouse en Bos Aires un dos libros máis sobranceiros da literatura galega. O máis editado, lido e traducido. O que todos lembramos con tenrura. O que todos asociamos con algunha vivencia propia ou herdada. Estamos perante unha importantísima celebración para a cultura galega: o 50 aniversario da 1ª edición de ‘Memorias dun neno labrego’.

As ‘Memorias’ deixaron en centos de miles de persoas un farturento pouso emotivo. A memoria dunha sociedade que nestes últimos 50 anos foi deixando de ser eminentemente rural para iniciar unha longa travesía cara a un universo urbano, nunha viaxe chea de interseccións e mestizaxes que explican a nosa moderna identidade. Un universo de antigos nenos labregos. Ou fillos, netos, bisnetos, tataranetos de nenos labregos. Habitantes das leiras de asfalto, ou das aldeas da memoria, que por moito que se laven sempre terán a alma tinxida de terra.

Un espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista. Combina tamén a estilización formal do teatro e a comunicación fresca e directa do monólogo cómico e a xograría oral na senda de Darío Fo, El Brujo, Pepe Rubianes …

Prezo: ANTICIPADA: 6 € (VR) / 10 €. DÍA DA FUNCIÓN: 6 € (VR) / 12 €
Duración: 85 minutos
Idioma: GAL
Calificación: + 12

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 20 de Maio de 2016 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

ADAPTACIÓN E TEXTOS COMPLEMENTARIOS: CÁNDIDO PAZÓ. CÓMICO – NARRADOR: CÁNDIDO PAZÓ. ESCENOGRAFÍA, VESTIARIO, ATREZZO: CARLOS ALONSO. ILUMINACIÓN: AFONSO CASTRO. MÚSICA ORIXINAL: MANUEL RIVEIRO. VIDEOCREACIÓN: NANO BESADA CANEDA, RUBÉN VIDAL ‘ZÉ’. CONSTRUCIÓN DE ESCENOGRAFÍA: DAVID FUENTES. DESEÑO GRÁFICO: ALBERTO GENDE. AXUDANTE DE DIRECCIÓN: AFONSO CASTRO. PRODUCIÓN: BELÉN PICHEL. DIRECCIÓN ESCÉNICA ADXUNTA: AVELINO GONZÁLEZ. DIRECCIÓN: CÁNDIDO PAZÓ.