Música

ANTONIO SEIJO & SKYLIGHT, ‘Tributo al Pop’

Antonio Seijo, ex – compoñente do grupo Milladoiro, profesor de música do CMUS de Pontevedra, que formou parte da banda de Julio Iglesias, e colaborou con artistas tan coñecidos como Bonnie Tyler, Tom Jones ou La Unión, preséntanos xunto ao seu grupo Skylight, o seu espectáculo titulado ‘Tributo al Pop’. Un concerto que nos fará gozar cun percorrido polos anos 80 e 90 con temas tan coñecidos como ‘I will survive’ de Gloria Gaynor, ‘La dolce vita’ de Ryan Paris ou ‘The show must go on’ de Queen, entre outros, un espectáculo co que está recibindo críticas inmellorables por parte do público e da prensa. Con case mil exemplares vendidos deste último traballo, Antonio Seijo & Skylight énchennos de maxia transportándonos coa súa música a eses anos tan marabillosos e recordándonos a nosa mocidade.

Neste concerto Antonio Seijo & Skylight non estarán sos, acompáñaos o recoñecido gaiteiro e flautista Oscar Ibañez, profesor en Educación Musical (UVI), especialista universitario en música tradiconal galega (USC), especialista universitario en arquivística (UNED), Máster en Xestión da Documentación Musical (UAM) e Grao Profesional LOE na especialidade de gaita, que percorreu Europa e Amércia coa súa música e a súa maxia. Tamén estarán xunto a eles o inigualable grupo Ménage à Trois formado por grandes artistas que traballaron por varios continentes e pertenceron a recoñecidas formacións, tras percorrer os mellores festivais de Europa, preséntannos ‘Migajas’, un EP que é a antesala do seu novo traballo discográfico, onde nos sorprenderán coas súas fusión e o seu estilo único e incomparable bautizado como swingrock. Tamén estará Diana Tarín, gran artista internacional e semifinalista do programa de televisión ‘La Voz’, que os acompañará antes da súa xira 2016 por Europa e América Latina, deleitándonos coa súa marabillosa e inigualable voz coa que nos fará vibrar e gozar.

Prezo: ANTES 29/05/2016: 5 € (VR) / 8 €. A PARTIR DE 30/05/2016: 7€ (VR) / 10 €
Duración: 120 minutos

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 3 de Xuño de 2016 | 21:00